As portas da nosa carpintaría "O mundo da madeira" abríronse para recibir a Gerardo, un ex-alumno deste colexio que hoxe volveu como carpinteiro.
Gerardo explicounos moitas cousas:
Como antigamente o oficio se desenvolvía no ámbito familiar transmitindo os coñecementos de pais a fillos e a súa evolución ata a actualidade, na que é preciso cursar ciclos medios ou superiores de FP para obter a titulación de Técnico en carpintería e moble, en instalación e amoblamento ou en deseño en carpintaría.
Falounos tamén sobre os tipos de madeira e as súas propiedades, dos materiais e produtos que utilizan para tratalas (lacados, barnices, pinturas, tintes...), e ata nos explicou algunha técnica para diferenciar a madeira cando se lle aplicou tinte (pola veta, pola viruta...)
Da súa caixa de madeira comezaron a saír ferramentas. Algunhas xa as coñecíamos, porque fixéramos un panel con elas: cepillo, lima, metro, escuadra, falsa escuadra, bocel...
Contounos que na carpintaría onde el traballa, as madeiras que máis utilizan son a de piñeiro e eucalipto. Sen embargo elaboran moitos mobles con taboleiro (aglomerado, contrachapado...). Tamén aprendemos que a madeira cómprase por metro cúbico.
Logo de facerlle varias preguntas sobre o tipo de traballos que realizaba (cociñas, armarios, tarimas...), tamén nos comentou que fóra do seu horario laboral facía deseños de obxectos para experimentar coa madeira, máis como afección que como traballo. Así elaborou portamóbiles con forma de animal, figuras talladas policromadas, unha colección de machadas...
Curuxa policromada |
Machada de dobre fío |
Machada vikinga |
Portamóbil con forma de can |
Busto de Anubis policromado |
Grazas, Gerardo, polo teu tempo e adicación. Agora xa sabemos algo máis sobre o oficio da carpintaría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario