Imos de entroido. A nosa comparsa xa está preparada. Os carpinteiros de 6º EP ímoslle botar unhas coplas. Escoita...
Benvida
Benvidos ó noso taller de carpintería. Somos o alumnado de 6º EP do CEIP Os Muíños. Durante o curso 2019-2020 investigaremos sobre este oficio e deixaremos aquí unha pegada do noso traballo.
lunes, 24 de febrero de 2020
VISITA DUN CARPINTEIRO
As portas da nosa carpintaría "O mundo da madeira" abríronse para recibir a Gerardo, un ex-alumno deste colexio que hoxe volveu como carpinteiro.
Gerardo explicounos moitas cousas:
Como antigamente o oficio se desenvolvía no ámbito familiar transmitindo os coñecementos de pais a fillos e a súa evolución ata a actualidade, na que é preciso cursar ciclos medios ou superiores de FP para obter a titulación de Técnico en carpintería e moble, en instalación e amoblamento ou en deseño en carpintaría.
Falounos tamén sobre os tipos de madeira e as súas propiedades, dos materiais e produtos que utilizan para tratalas (lacados, barnices, pinturas, tintes...), e ata nos explicou algunha técnica para diferenciar a madeira cando se lle aplicou tinte (pola veta, pola viruta...)
Da súa caixa de madeira comezaron a saír ferramentas. Algunhas xa as coñecíamos, porque fixéramos un panel con elas: cepillo, lima, metro, escuadra, falsa escuadra, bocel...
Contounos que na carpintaría onde el traballa, as madeiras que máis utilizan son a de piñeiro e eucalipto. Sen embargo elaboran moitos mobles con taboleiro (aglomerado, contrachapado...). Tamén aprendemos que a madeira cómprase por metro cúbico.
Logo de facerlle varias preguntas sobre o tipo de traballos que realizaba (cociñas, armarios, tarimas...), tamén nos comentou que fóra do seu horario laboral facía deseños de obxectos para experimentar coa madeira, máis como afección que como traballo. Así elaborou portamóbiles con forma de animal, figuras talladas policromadas, unha colección de machadas...
Curuxa policromada |
Machada de dobre fío |
Machada vikinga |
Portamóbil con forma de can |
Busto de Anubis policromado |
Grazas, Gerardo, polo teu tempo e adicación. Agora xa sabemos algo máis sobre o oficio da carpintaría.
DECORACIÓN PARA O ENTROIDO
En breve celebraremos o entroido, e precisamos facer as letras que decorarán o ximnasio para anunciar o evento. Para encher as letras, cada curso debuxará ferramentas ou materiais relacionados co seu oficio. Aquí estamos os de 6º EP cos nosos aparellos de carpinteiros.
PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA
"Adios ríos, adios fontes...", este foi o poema de Rosalía de Castro que escolleu o equipo de biblioteca e de dinamización da lingua para celebrar o día de Rosalía. De momento, comezamos ilustrando algunhas estrofas.
DÍA DA PAZ
Para celebrar este día, comezamos a traballar con antelación. Na clase fixemos varios pictogramas para ilustrar a canción "Una marea de xente e oficios":
O 30 de xaneiro reunímonos todos no ximnasio para celebrar o día da Paz. Se premes aquí podes acceder á entrada que está na web do colexio.Ó final, inmortalizámonos nesta fotografía:
CREANDO GRAFFITIS
En plástica estamos traballando a técnica do graffiti. Primeiro, por grupos, seleccionamos unha palabra que teña relación co oficio da carpintaría e, logo de ver algún vídeo e escoitar as explicacións da mestra, distribuiremos o espazo, faremos un borrador a lapis, repasaremos de rotulador, colorearemos e... xa veremos cal é o resultado!
PARTES DUNHA NOTICIA
Continuamos traballando coa prensa. Desta vez fixámonos na estrutura das noticias. Localizamos o titular, a entradilla e o corpo, e fixámonos na información que contén cada unha desas partes.
Recortamos e pegamos na libreta unha noticia que teña as características que acabamos de estudar.
Sinalamos nela o titular, a entradilla e o corpo... E xa temos un esquema para continuar traballando!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
TRABALLO A PARTIR DO 16 DE MARZO
Estas dúas semanas traballaremos desde a casa. Neste espazo atoparás tarefas que che servirán para repasar e non perder o fío do aprendido...
-
Acabamos de leer un artículo en la prensa sobre las setas. Descubrimos por qué antiguamente no se consumían como alimento, ya que represen...
-
Imos de entroido. A nosa comparsa xa está preparada. Os carpinteiros de 6º EP ímoslle botar unhas coplas. Escoita...
-
As portas da nosa carpintaría "O mundo da madeira" abríronse para recibir a Gerardo , un ex-alumno deste colexio que hoxe ...