
Igual que os carpinteiros preparan a madeira, nós preparamos cartón. Faremos táboas nas que logo marcaremos as letras e recortaremos.




Isto xa vai collendo forma...
Benvidos ó noso taller de carpintería. Somos o alumnado de 6º EP do CEIP Os Muíños. Durante o curso 2019-2020 investigaremos sobre este oficio e deixaremos aquí unha pegada do noso traballo.
Xa case temos as ferramentas rematadas e aínda non sabemos como chamarlle á nosa carpintaría. É necesario facer outra chuvia de ideas e aportar un nome orixinal. Logo faremos unha primeira votación para saber cales son os máis votados, e nunha segunda votación escolleremos o definitivo.






Estas dúas semanas traballaremos desde a casa. Neste espazo atoparás tarefas que che servirán para repasar e non perder o fío do aprendido...